Santiago Cortegoso gaña o premio de teatro Rafael Dieste coa obra 0,7 por cento Molotov

O premio está dotado con 6.500 euros, a edición e a posta en escena da obra

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A súa “linguaxe sucinta, pero de alto nivel poético e dramático” o que valorou o xurado para concederlle a Santiago Cortegoso a XIV edición do premio de Teatro Rafael Dieste. A súa obra 0,7% Molotov convenceu ao xurado composto por Manuel Areoso, Elina Luaces, Alejandro Piñeiro, José Enrique Rivadulla e Teresa Moure (gañadora da anterior edición). O premio, ao que este ano concorreron 36 obras, está dotado con 6.500 euros e inclúe a edición e posta en escena do texto gañador.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santiago Cortegoso, Rafael Dieste, Teatro, Teresa Moure...