O Cebreiro acolle a preestrea do documental sobre Elías Valiña

Aser Álvarez dirixiu esta produción que repasa a vida do grande impulsor das peregrinacións modernas en Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O Cebreiro acolle a preestrea do documental sobre Elías Valiña

A igrexa de Santa María do Cebreiro acolle na tarde deste 21 de outubro a preestrea do documental Elías Valiña. O inventor das frechas amarelas. Dirixido por Aser Álvarez e desenvolvido pola asociación Acude Rural e a produtora Arraianos Producións, este proxecto repasa a traxectoria do crego que impulsou as peregrinacións modernas.

Valiña, que o proxecto define como "principal precursor e valedor dos Camiños De Santiago" ademais de "un dos primeiros investigadores e promotores" da Ruta Xacobea, foi o inventor da frecha amarela como indicador do trazado desta vía. O filme, de corenta minutos de duración, recolle a traxectoria vital do que foi crego en Pedrafita do Cebreiro canda á experiencia das persoas que colaboraron con el no seu proxecto.

A canle de Youtube do proxecto conta con varios adiantos da produción ademais dun podcast específico testemuños sobre a figura e a súa transcendencia para as peregrinacións. O proxecto contou co apoio da liña de axuda O Teu Xacobeo da Axencia de Turismo de Galicia.


Que che parece esta nova?
101 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Cebreiro, María do Cebreiro, Xacobeo...