Co gallo do cabodano do escritor Julio Camba, o Consello da Cultura Galega estreou este sábado o documental O principio do mundo de Julio Camba, dirixido por Aser Álvarez (Arraianos Producións). O documental céntrase na etapa inicial do escritor vilanovés, sobre todo a partir da conexión coa súa vila natal, Vilanova de Arousa, a partir da testemuña de veciños que o trataron, os seus biógrafos Pedro López e Benito Leiro e historiadores como Ramón Villares e Xosé Manoel Núñez Seixas, ademais da escritora Rosa Aneiros. O documental está complementado cunha biografía de Camba no Álbum de Galicia elaborada por Benito Leiro.
Ver o documental:
Ver o documental: