A Xunta celebra o aniversario do Nobel de Cela en Padrón

O programa inclúe un encontro literario e unha exposición sobre La Familia de Pascual Duarte

O programa inclúe un encontro literario e unha exposición sobre <i>La Familia de Pascual Duarte</i>
Participantes no encontro de escritores de Iria Flavia.
Un total de dezasete escritores e escritoras do panorama estatal participan desde este 19 de outubro e ata o día 20 o IV Encontro de Escritores de Iria Flavia. O evento fai parte dos actos cos que a Xunta de Galicia conmemora o aniversario da entrega do premio Nobel a Camilo José Cela en 1989.

Antonio Álamo, Ángela Vallvey, Blanca Riestra, Care Santos, Carlos Castán, Celso Castro, Estíbaliz Espinosa, Fernando Ontañón, Gabriela Bustelo, Gloria Méndez, José Antonio Ponte Far, José Miguel A. Giráldez, Lola Beccaria, Lucía Etxebarría, Óscar Esquivias, Toni Montesinos ou Xesús Fraga fan parte desta iniciativa que acolle a sede da Fundación Camilo José Cela.

En paralelo, a Fundación acolle tamén a mostra Se acabó el divagar, organizada con motivo do 80º aniversario da publicación de La Familia de Pascual Duarte. A exposición recolle medio cento de pezas, a incluír manuscritos orixinais, edicións das obras, teses, artigos e mesmo películas e unha reprodución dun garrote vil. A instalación poderá verse ata o 31 de xaneiro de 2023.