Manuscritos, cartas, borradores, probas de imprenta corrixidas, apuntes, debuxos e un inmenso arquivo fotográfico. Este é o material que Camilo José Cela Conde (Madrid, 1946) ten do seu pai, Camilo José Cela, e co que creará unha fundación en Palma de Mallorca. Todos eses fondos son os que herdou da súa nai e primeira muller do premio Nobel, Rosario Conde, e que están datados entre 1955 e 1988 cando escribiu obras como La Colmena ou La Familia de Pascual Duarte. Cela Conde anunciou tamén a súa intención de crear un museo sobre o escritor no prazo dun ano. Ademais, puntualizou que esta entidade estará completamente desvencellada da Fundación Iria Flavia (situada en Padrón) que, precisamente, nestes tempos está atravesando dificultades económicas e laborais.
O fillo de Cela creará en Palma unha fundación con legado do Nobel
Albergará material inédito desde manuscritos ata fotografías
5 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Lugares

