O portal AtoPO incorpora 150.000 documentos e imaxes históricas de Pontevedra

O repositorio documental da Deputación publica en aberto fondos do arquivo do concello capitalino

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Vista de Pontevedra. Thomas. 1910-1915. Fonte: AtoPO

Vista de Pontevedra. Thomas. 1910-1915. Fonte: AtoPO

Máis de 150.000 documentos históricos do Arquivo Municipal de Pontevedra incorporaranse ao portal documental AtoPO, que mantén a Deputación Provincial. As dúas institucións daban a coñecer este 18 de outubro as novas achegas ao repositorio, que ten na rede 48.000 destes rexistros, dos cales 27.000 son xa públicos. Está previsto que a cifra medre nas vindeiras semanas, aínda que non todo o material se poderá consultar en aberto por mor da protección de datos persoais.

Entre o material xa dispoñible están actas plenarias, documentos administrativos ou fotografías datadas entre 1834 e 2004, entre elas as realizadas por estudios históricos como Fototipia Thomas entre 1910 e 1920 e nomes como Rafa (pai e fillo), Graña, Chao, Paco, Núñez, Ruiz, C. Gómez ou Tomás.

Imaxes de actos institucionais, celebracións relixiosas, actividades culturais e festivas, paisaxes e edificacións singulares e mesmo planos de distintos proxectos arquitectónicos están dispoñibles na web. A incorporación destes fondos fai que o concello capitalino sexa a segunda entidade con máis rexistros no AtoPO, só por detrás da propia deputación.

Ponte da Barca. Thomas. 1910-1915.

Ponte da Barca. Thomas. 1910-1915.

Peiraos. Thomas. 1910-1915.

Peiraos. Thomas. 1910-1915.

Casetas ante o mercado vello. 1945-1948.

Casetas ante o mercado vello. 1945-1948.

Noite de Reis. Portillo. 1946.

Noite de Reis. Portillo. 1946.

Rúa Manuel Quiroga. Arribas. 1950

Rúa Manuel Quiroga. Arribas. 1950

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Documental, Deputación Provincial, Reis...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares