A Real Academia Galega acaba de migrar para Galicia a base de datos na que están descritos os fondos do seu ARquivo, unha importantÃsima colección de 32.628 documentos "vinculados á historia de Galicia desde o século XI ata a actualidade". O novo servizo, executado no contexto do proxecto Arquivo Dixital de Galicia, tamén dá acceso a copias dixitais de case 3.750 deses documentos.
[do web da Academia]
Entre os fondos dixitalizados por completo, figuran o dos irmáns da Iglesia, que inclúe documentación relativa ao cerco da Coruña polos ingleses no ano 1589 ou os textos orixinais dos Xogos Florais celebrados na mesma cidade no ano 1861; o fondo de Xohán Vicente Viqueira e a colección fotográfica de Pablo Beade, con imaxes de 1932 a 1987 de actos e actividades da Federación de Sociedades Galegas de Arxentina. O Arquivo prevé incorporar proximamente a esta plataforma a colección de pergameos, con documentos de 1088 a 1756 de compravendas, foros, sentenzas xudiciais ou bulas.
Están tamén xa dispoñibles en copia dixital manuscritos como o do poema "Os pinos" (letra do Himno galego) de Eduardo Pondal, da obra teatral O Mariscal de Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte e de textos de Curros EnrÃquez, FermÃn Bouza-Brey ou o padre Sarmiento; fotografÃas de RosalÃa de Castro, Eduardo Pondal, Curros EnrÃquez e Marcial del Adalid; ou o tumbo de Caión (1582-1787).