Falece o arquitecto ourensán Luís Collarte

Asinou construcións emblemáticas como Expocoruña e A Mariña na Cidade Herculina

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:
Luís Collarte. Fonte: Vía Construcción.

Luís Collarte. Fonte: Vía Construcción.

O arquitecto ourensán Luís Collarte faleceu este 17 de outubro aos 62 de idade. Collarte era coñecido por ter sido autor de construcións emblemáticas na Coruña, como o recinto Expocoruña e a reordenación da Mariña nesta urbe. Ademais, collarte participou dos equipos que deseñaron a fachada da Domus e o Museo de Belas Artes. Fóra da cidade, asinou traballos como a rehabilitación do mosteiro de Acibeiro ou o Pazo da Cultura de Carballo.

Formado na Escola de Arquitectura da Coruña, Collarte desenvolveu o groso da súa obra no noso país e no norte da Península, aínda que abriu unha delegación do seu estudio en Perú a comezos dos 2000.

Que che parece esta nova?
103 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A Coruña na arte

A Coruña na arte

O Museo de Belas Artes amosa a presenza da cidade na creación dos últimos séculos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cidade Herculina, Belas Artes, A Coruña, Pazo da Cultura de Carballo...