O premio Pritzker recoñece a Arata Isozaki, deseñador da Domus

O arquitecto xaponés tamén é autor do Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago

7/3/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Unha obra "que supera o marco da arquitectura para propor cuestións que transcenden eras e fronteiras" valeulle ao arquitecto xaponés Arata Isozaki ser galardoado co prestixioso Premio Pritzker neste 2019. Entre estes traballos, Isozaki é autor de obras recoñecidas no noso país como é o deseño da icónica fachada do museo Domus da Coruña. Ademais, foi o encargado da remodelación da Finca Simeón de Vista Alegre, Compostela, onde proxectou tamén o Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago. O premio conta cunha dotación en metálico de 100.000 dólares.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Domus, Arquitectura, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Santiago de Compostela