A Coruña acollerá de novo o festival Sónar en 2011

Magnetic Man preséntase como o grande atractivo da edición

30/11/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: música
17 lecturas | Compartido 0 veces
Logo da experiencia deste ano Xacobeo, o festival Sónar desdobrarase de novo en dúas sedes en 2011. A Coruña repite, canda a Barcelona, como local deste recoñecido evento de música electrónica. Será nos días 17 e 18 de xuño do vindeiro ano cando o recinto de EXPOCoruña acolla preto de trinta actuacións, que a organización aínda non desvendou. Polo de agora, só se confirma a presenza, tanto en Barcelona como na Cidade Herculina, do trío Magnetic Man.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
3 lugares identificados
Claves temáticas
Conceptos