A anunciada edición do Sónar que se desenvolverá en Coruña os vindeiros dÃas 17, 18 e 19 de xuño xa ten programación. Segundo se anunciou esta mañá en rolda de prensa, visitarán o recinto de Expocoruña artistas internacionais coma Lcd Soundsystem, Air, Laurent Garnier, Hot Chip, Flying Lotus, The Slew ou Booka Shad e, pola banda galega, David M., Fluzo, 6PM, Cora Novoa, MwesLee Vs BFlecha, Viktor Flores ou Fat Fish. As actividades do evento desenvolveranse en tres escenarios, e de xeito paralelo transcorrerá SonarMática, unha exposición de arte multimedia de diferentes artistas galegos. Ao tempo, presentarase no festival o filme Finisterrae: unha viaxe fantástica de Barcelona a Galicia, que narra a peregrinación de dúas pantasmas.
Dosier de prensa Ãntegro do Sónar Galicia.