Víktor Flores representa a Galicia no Festival Sónar mentres Cristina Pato se traslada a Nova Jersey

Músicos en ruta

16/6/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O Dj da sala viguesa Vademecwm, Víktor Flores representará a Galicia no Festival Sonar que se celebra en Barcelona entre hoxe e o vindeiro día dezaoito. Esta mesma noite Flores terá a súa sesión neste evento, onde tamén coordina o escenario da Red Bull Music Academy. Simultaneamente, noutro estilo, chéganos a noticia de que Cristina Pato iniciará en agosto o doutoramento de Artes Musicais en Nova Jersey, especializándose en piano. A actividade académica manteráa afastada do mundo discográfico galego ata o ano 2007.

Máis información en Faro de Vigo sobre Víktor Flores, sobre Cristina Pato; máis sobre Víktor Flores nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cristina Pato, Faro de Vigo, Culturagalega, Barcelona...

Claves

Protagonistas
Lugares