O dj vigués Víctor Flores foi seleccionado para participar nun congreso sobre música electrónica en Sudáfrica

Vigo e Sudáfrica unidos pola música

16/10/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Víctor Flores é o dj de Vademecum e membro do grupo Sinsal Audio e, o vindeiro mes de novembro, será o único representante do estado español no curso sobre música electrónica que a Red Bull Musica Academy organiza en Cidade do Cabo (Sudáfrica). Trátase dun evento que reúne durante dúas semanas a 60 persoas para intercambiar ideas sobre a historia, evolución, tecnoloxía, producción e técnicas da música electrónica.

Máis información no web do Club Vademecum e sobre a Red Bull Academy no seu sitio web

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Tecnoloxía, Sinsal

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares