O Consello da Cultura Galega organiza un curso de metodoloxía e catalogación de recolida de campo en música tradicional

Sistema tradicional

9/7/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O Festival de Música de Galicia ofrece hoxe unha producción propia. Trátase dunha montaxe de ópera a tres voces de “Acis, Galatea e Polifemo”. E de música tradicional vai o curso que organiza o Consello da Cultura Galega. Está impartido por Dorothé Schubarth, coautora do “Cancioneiro Popular Galego” e especialista a nivel mundial. O curso está organizado polo Arquivo Sonoro de Galicia e está dirixido a persoas que realizasen investigacións de campo e recollida de música tradicional e ás interesadas na catalogación dos arquivos de son e nas técnicas de recompilación. A información para preinscribirse no curso está no web do Consello da Cultura Galega.

Máis información sobre a actuación do Festival de Música de Galicia en La Voz de Galicia e sobre o curso de catalogación musical no web do Consello da Cultura Galega

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Dorothé Schubarth, Cancioneiro, Ópera...