Un curso ensinará a estandarizar as formas de preservar a memoria sonora

Está organizado polo Arquivo Sonoro de Galicia

9/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A dixitalización supuxo unha revolución no mundo sonoro. Multiplicáronse os formatos, popularizouse o sistema e dificultou o almacenamento e arquivo. Para buscar unha forma de preservar a memoria sonora dun xeito unificado, o Consello da Cultura Galega (a través do Arquivo Sonoro de Galicia) desenvolve estes días un curso. A cita comeza hoxe explicando as últimas técnicas de conservación de audio, seguindo as recentes normas da IASA (International Association of Sound and Audiovisual Archives), mentres que a sesión de mañá se dedica á xestión e á organización dos arquivos de audio. As xornadas teñen lugar na sede do Consello (Pazo de Raxoi, s/n, Santiago).

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquivo Sonoro de Galicia, Consello da Cultura Galega