"Transformando a música en patrimonio" é o título baixo o que hoxe ten lugar unha xornada técnica na Biblioteca de Galicia, co obxectivo que os asistentes coñezan non só como se está a traballar sobre o patrimonio sonoro en bibliotecas como a Biblioteca Nacional de España ou a Biblioteca de Catalunya, senón tamén achegarse ao labor que están desenvolvendo institucións como o Arquivo Sonoro de Galicia, dependente do Consello da Cultura Galega, ou o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, posto en marcha polo Museo do Pobo Galego, para conservar a herdanza sonora de todas as galegas e galegos. Neste sentido intervirán a Coordinadora técnica do Arquivo Sonoro de Galicia do CCG, Cristina Pujales Prats, e Concepción Losada Vázquez, como coordinadora do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego, ademais de representantes da institución estatal e a catalana.
O encontro ten un dos seus focos nas actuais investigacións realizadas sobre o mundo das festas populares desde o eido universitario, aproveitando a exposición "Botamos un baile? Cen anos de orquestras de verbena en Galicia", que se pode visitar na propia Biblioteca de Galicia ata o 2 de xuño, os comisarios desta mostra, Zósimo López e Henrique Neira falarán da nosa verbena, da súa historia e de como se atopa actualmente a investigación desta parte da nosa historia. De xeito complementario, os investigadores do INCIPIT-CSIC, Íñigo Sánchez-Fuarros e Fátima Rodríguez-Porto poñerán o foco no testemuño material que deixaron esas verbenas. No relativo á historia da música clásica e culta. Daniel Seijas, director do xa mítico programa Palco de Estrelas, achegará a visión da música como puro espectáculo, mentres de Laura Touriñan terá como referencia a Marcial del Adalid Gurrea, considerado o pai do xénero da melodía galega, para explicar como se desenvolveu un proxecto con fins investigadores e divulgativos vencellado ao patrimonio sonoro.
Por último esta xornada da Biblioteca de Galicia non deixa á marxe o futuro do patrimonio sonoro. Situando como realidade que cada vez se escoita máis música en liña e sinalando que os vinilos e CD´s serán cada vez máis testemuñais á hora de consumir música incídese no feito de que as bibliotecas tamén teñen que contar con información e recursos para facer fronte a esta nova situación. O profesor da Universidade Complutense de Madrid, Marco Antonio Juan de Dios Cuartas, pechará a xornada transmitindo o seu coñecemento sobre a produción musical e preservación dixital na era da música en liña.