O fotógrafo vigués Nacho Alonso (1975) asina "Ensayo sobre la noche", o primeiro volume co que se presenta a editorial Solar de Edicións. O novo proxecto editorial xurde na cidade olÃvica da man do artista madrileño Ignacio Pérez-Jofre e o deseñador santiagués Juan Gallego, ambos alà afincados. O proxecto reivindica o valor do libro como obxecto e está aberto a calquera xénero. Neste caso comeza cun fotolibro de algo máis de 100 páxinas, sen textos, unha recompilación de fotografÃas de Nacho Alonso sobre o mundo nocturno en lugares como o propio Vigo, Madrid e outras cidades. O volume e o propio proxecto editorial presentaranse este mércores no Espacio Sirvent (Vigo, Gran VÃa, 129), ás 19:30, contando cos editores e o autor. Gallego é un recoñecido deseñador que ten ampla experiencia no mundo editorial, asà como na montaxe de exposicións. Ignacio Pérez-Jofre (Madrid, 1965) é artista, doutorado en Belas Artes e Profesor Titular na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. A editorial estará presente no vindeiro FFoco Festival de FotografÃa da Coruña. O libro pode conseguirse xa directamente da editorial.