Rescatar as flores

Ignacio Pérez-Jofre recupera a beleza das flores na súa última exposición

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Rescatar as flores

As flores son un emblema intemporal da beleza efímera. Pero tamén o primeiro que pinta un afeccionado á arte, con moito entuasiasmo e pouco coñecemento. Esa temática superficial sérvelle Ignacio Pérez-Jofre para encher a sala da galería Trinta (ata o 7 de xuño) de Cadros de Flores.

Imaxe 1
1/5
Imaxe 2
2/5
Imaxe 3
3/5
Imaxe 4
4/5
Cadros.....de flores
5/5

Foi unha experiencia persoal a que levou a o artista madrileño afincado en Galicia (é profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra) a reflexionar sobre os cadros de flores. Estimagtizados pola práctica da pintura nunha academia, co tempo foise convertendo nun tema que el chamaou “superficial, cursi e complacente”. Sen embargo, Pérez-Jofre lembrando Van Gogh, Hokusai, Nolde, Mondrian, Warhol, Richter… e a todos eses creadores que el admira e que pintaron flores para superar o prexuizo deste tópico. Só así amosa unha serie de pezas que recupera o esplendor, a frescura vizosa deste símbolo da natureza. El mesmo reflexiona no texto que acompaña a exposición que “ao pintalas nese estado de esplendor, intento rescatalas, aínda que sexa só como imaxe ou memoria, da desaparición. ¿Non é esta unha das funcións primordiais da arte?”

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Galería Trinta, Natureza, Belas Artes...