Dimite o director do Museo da Prehistoria de Vilalba

Eduardo Ramil argumenta a súa baixa por "precariedade laboral e profesional"

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

O arqueólogo Eduardo Ramil Rego presentou a dimisión como director do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, dependente do concello de Vilalba a través do patronato. Segundo Ramil Rego, o seu traballo "reducíase ás tarefas cotiás de xestión e administración de coleccións, dada a imposibilidade de realizar outras actividades porque a presidenta do Patronato, a alcaldesa Elba Veleiro, non convocaba xuntanzas para realizar unha programación e aprobar os orzamentos".

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vilalba, Prehistoria, Arqueoloxía

Claves

Lugares