Unha guía de campo para o feísmo

Pablo Ramil e Javier Ferreiro abordan con retranca esta problemática nunha nova publicación

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:
Unha guía de campo para o feísmo

Xa está dispoñible en pdf na rede a Guía de campo para a interpretación do feísmo na paisaxe galega. Este traballo de Pablo Ramil Rego e Javier Ferreiro da Costa quere achegar dun xeito divulgativo e cheo de retranca a reflexión sobre esta problemática. Así, o volume recolle trinta e catro tipos nos que se poden clasificar as manifestacións do feísmo na paisaxe galega. "Adiantado", "Vallum", "Galpón", "Pendello" ou "Palafito" son algúns dos xeitos nos que, segundo estes autores, se poden clasificar as diferentes construcións asimilables á idea de feísmo. Desde adornos orixinais para os exterios das casas ata grandes urbanizacións ou obras como a Cidade da Cultura, a guía aborda con retranca diferentes xeitos nos que a intervención humana incide na paisaxe do país.

A publicación xorde da colaboración entre a Asociación Científica Horreum, o Grupo de Investigación 1934 – Territorio e Biodiversidade do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) da USC, e mais do Observatorio Galego do Territorio.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O patrimonio dos palcos

O patrimonio dos palcos

Unha investigación do INCIPIT revela as singularidades destas construcións que inzan a paisaxe rural galega

Dosier: Feísmo

Mil sinaturas apoian 40 propostas técnicas contra a desorde construtiva

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guía, Retranca, Paisaxe, USC...