A narración oral galega constitúese en asociación

Máis de 30 profesionais buscar "dignificar o traballo" e manter diálogo coas institucións

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Integrantes da asociación NOGA.

Integrantes da asociación NOGA.

30 profesionais da narración oral galega integran NOGA, a Asociación de Narración Oral Galega, constituída o pasado 1 de outubro no marco do FIOT de Carballo. A asociación, primeira entidade formal que reúne ao amplo colectivo galego de contacontos profesionais, partiu desde a idea da "dignificación do traballo en termos de visibilidade e condicións laborais" así como co obxectivo de poder manter unha "interlocución coas institucións". NOGA tamén quere destacar no seu nacemento o "compromiso coa lingua galega" como "eixo imprescindible" por parte dos profesionais. A primeira directiva está integrada por Atenea García (presidencia), Vero Rilo (vicepresidencia), Beatriz Campos (tesourería), Olga Abad (secretaría) e Marta Ortiz e Caxoto como vogais.

Que che parece esta nova?
128 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un mar de palabras

Un mar de palabras

O Festival Atlántica de Narración Oral arrinca hoxe con máis de cincuenta eventos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narración oral, Vero Rilo, Lingua galega, FIOT...