O Día da Narración Oral congrega unha cincuentena de actuacións por todo o país

Ana Rodríguez, de Leilía, reivindica o papel das mulleres na transmisión do patrimonio inmaterial no manifesto desta xeira

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Día da Narración Oral congrega unha cincuentena de actuacións por todo o país

Os festivais Atlántica e Sete Falares, canda ao colectivo Narración Oral Galega conmemoran este 20 de xaneiro o Día Internacional da Narración Oral. Con esta ocasión, os tres colectivos anuncian máis de cincuenta actuacións de profesionais desta arte que se desenvolven por todo o país ata o vindeiro 31 de marzo.

Estas actividades inclúen propostas de nomes coma Quico Cadaval, Sole Felloza, Paco Nogueiras, Cris de Caldas, María da Pontragha, Caxoto, Raquel Queizás, Cris Collazo, Paula Carballeira ou Celso Fernández Sanmartín, entre outros.

Canda a isto, a efeméride conta cun manifesto propio, que nesta ocasión elaborou Ana Rodríguez, membro de Leilía. O texto reivindica a transmisión da tradición oral que realizan as mulleres a conectar coa celebración do Día das Letras dedicado ás cantareiras.

Que che parece esta nova?
98 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Un mar de palabras

Un mar de palabras

O Festival Atlántica de Narración Oral arrinca hoxe con máis de cincuenta eventos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narración oral, Mulleres, Manifesto, Leilía...