Os tres grandes festivais de narración oral que se desenvolven no noso país, Atlántica, Sete Falares e Falando a Boca Chea, e mais a asociación Narración Oral Galega celebran de xeito conxunto este 20 de marzo o Día da Narración Oral. Cun manifesto común que asina José Campanari, estes colectivos reivindican nesta xornada "a importancia e a necesidade das historias a viva voz, o encontro cos outros ao redor dunha mesa, para celebrar a memoria, a identidade e a lingua" nun tempo "de tecnoloxías e pausas inexistentes".
Para celebrar a efeméride, bibliotecas, teatros, auditorios, centros culturais e hospitais acollerán unha trintena de espectáculos da man dos membros de NOGA e dos festivais implicados na celebración. Nomes como Vero Rilo, Atenea García, Raquel Queizás, Dani Blanco, Carlos Rebolo, Charo Pita, Ángeles Goás, Cris Collazo, Olga Abad, Celso F. Sanmartín, Ana Meilán, Ramiro Neira, Pablo Díaz, Larraitz Urruzola, Cris de Caldas, Carme Domech, Quico Cadaval, Sole Felloza, Pavís Pavós, Baobab, Migallas e Polo Correo do Vento e a Street Band de jazz achegarán as súas historias a este programa, que se estende por Santiago, Lugo, Pontevedra, A Coruña, Vigo, Lalín, Sanxenxo, Combarro, Ordes, A Laracha, Baiona, Burela, Narón, Culleredo, Meis, Moaña, Padrón, Salcedo, Negreira, Monforte, Forcarei, Vedra, A Guarda, Carral, Carballo, Teo.