A Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer este 9 de outubro a resolución da primeira convocatoria de Axudas para promoción e difusión de proxectos musicais profesionais. Un total de 1.036.000 euros apoiarán un total de 29 solistas e grupos a través de once empresas promotoras, a contribuÃr á "promoción dos artistas en diferentes fases, que van desde a análise e implementación de ferramentas para o desenvolvemento do talento musical ata a internacionalización, pasando pola súa introdución e consolidación no seo da industria".
Na modalidade de apoio a un só proxecto ou artista e grupo, NordesÃa Producións obtivo 40.000 euros para Xabier DÃaz e Adufeiras de Salitre e 28.925 euros para A Pedreira. O proxecto Roibén, novo álbum de Guadi Galego, sumou 36.695 euros da man de Culturativa, mentres Cas D'Oleiro sumou para a promoción da banda Brath 30.000. O desenvolvemento e difusión do novo traballo discográfico de Budiño recibirá 29.115 euros, e Xonix Records conseguiu 29.925 para a carreira musical de Pauliña.
Pola súa banda, a categorÃa que apoia grupos de solistas e bandas, conseguiron 200.000 cadanseus 200.000 euros EsmerArte, Kalderon Producións e Play Plan Cultural. A primeira das firmas inclúe no seu proxecto Eladio y Los Seres Queridos, Furious Monkey House, Pablo Lesuit e Xoel López. Pola súa banda Kalderon presentou a Ailá, Astarot, Quico Comesaña, Luar na Lubre e Sés e Play Plan a GarcÃa MC, Laura Lamontagne & Pico Amperio, Pakolas, Sondarúa e Tanxugueiras. Ernie Produccións sumou 130.925 euros para un proxecto que inclúe a Boyanka Kostova, Carlangas, Niños Mutantes, Ortiga e Shego, mentres MusicArte Rey Saavedra obtivo 110.000 para Adhara & Ritman, La Casa de Los Ingleses (na imaxe), Robert Pier e Sheila Patricia.
As contÃas, que distribúen entre 2022 e 2023, "serán destinadas a asumir ata o 70% dos gastos de cada proxecto que teñan que ver con produción, comercialización e márketing, promoción e comunicación, distribución dixital, concertos e xiras, consultarÃa e persoal, entre outros", segundo indica a Agadic. A convocatoria de axudas contaba cun orzamento inicial de 1,2 millóns.