O escritor Ismael Ramos Mazaricos (A Coruña, 1994) ven de ser recoñecido hoxe co Premio Nacional de PoesÃa Joven ‘Miguel HernándezÂ’ 2022, pola súa obra en 'Lixeiro', (Xerais), publicada en castelán pola Editorial La Bella Varsovia. O premio, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, está dotado con 20.000 euros.
O xurado destaca a súa obra "pola potencia da súa imaxinación poética, capaz de emprender un canto xeracional entoado desde un desencanto reconciliado que conxuga ironÃa e nostalxia". Ademais, o xurado sinala que como "bo coñecedor da tradición poética contemporánea, Ismael Ramos ofrece unha proposta desprovista de afectación e moi depurada lingüisticamente que conforma unha sorte de épica vivencial de ton á vez transcendente e lixeiro". Ramos, nacido en Mazaricos (A Coruña) é autor dos poemarios 'Os fillos da fame' (XVII Premio Johán Carballeira de PoesÃa; Xerais, 2016), 'Lumes' (Apiario, 2017) e 'Lixeiro' (Xerais, 2021). Gañou tamén, este mesmo ano, a Vª edición do Premio de Xornalismo Lueiro Rey.O poeta foi un dos seleccionados en 2021 para participar no proxecto 'O equilibrio dos extremos' do Consello da Cultura Galega creando un poema en relación a outro de Arias.