Alba Cid gaña o Premio Nacional de Poesía Joven 'Miguel Hernández'

O xurado viu na súa obra ‘Atlas’ publicada pola Editorial Galaxia unha ‘nova cartografía’ da realidade

O xurado viu na súa obra ‘Atlas’ publicada pola Editorial Galaxia unha ‘nova cartografía’ da realidade
Alba Cid Foto: Galaxia Editorial ©Loli-Fernández
Alba Cid (Ourense, 1989), poeta e investigadora en poesía contemporánea ven de ser premiada polo Ministerio de Cultura e Deporte co Premio Nacional de Poesía Joven 'Miguel Hernández' pola súa obra Atlas, publicada en galego na Editorial Galaxia. O xurado elixiu esta obra "por constituír unha reflexión sobre como a literatura elabora mapas da realidade e sobre o valor moral que pode ter a literatura como problematización do mundo", segundo comunica o servizo de prensa do Ministerio. "É poesía tanto do coñecemento coma da emoción, e presenta unha nova cartografía na que se funden o mapa do corpo co do planeta, a memoria e o enigma", din na acta e destacan que se trata dunha obra "escrita coa lóxica do asombro e chea de referencias culturais que se contemplan desde unha mirada excéntrica que fermenta en rebeldía". O premio, concedido está dotado con 20.000 euros. Cid está actualmente a cargo do Centro John Rutherford de Estudios Galegos da Universidade de Oxford.