Fotografía de Ana Romaní no web da Asociación de Escritores. Imaxe de Distrito Xermar.
A ata hai pouco responsable do Diario Cultural da Radio Galega, Ana Romaní, acaba de ser recoñecia esta mañá co Premio Nacional de Xornalismo Cultural que o outorga o Ministerio de Cultura e Deporte. A súa "longa traxectoria no xornalismo, o seu constante traballo de promoción da cultura e da radio con formatos propios" e mais a súa "visión do feminismo crítico e compromiso social" son os méritos que enumera a nota de prensa remitida polo Ministerio. O galardón, dotado con 20.000 euros, recoñece "o labor de profesionais do xornalismo que, ben coas súas obras, ou ben a través da súa participación activa en diversos ámbitos da creación artística ou literaria, fomentan as actividades culturais contribuíndo con iso ao enriquecemento do patrimonio cultural de España".

