Ana Romaní recibe o I Premio de Honra Dolores Ben

Será entregado o vindeiro 2 de febreiro en Cinemar Films

25/1/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: comunicaciónliteratura
40 lecturas | Compartido 0 veces

Ana Romaní nun recital. Foto: Estevoaei/Wikipedia

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) vén de outorgar o I Premio de Honra Dolores Ben á xornalista cultural e poeta Ana Romaní. A profesional da comunicación ten unha dilatada traxectoria do xornalismo cultural, o asociacionismo e a creación poética e ensaísta. Dirixiu o Diario Cultural entre 1990 e 2018. Precisamente nese ano foi distinguida co Premio Nacional de Xornalismo Cultural do Ministerio de Cultura. O premio Dolores Ben concédese "ás persoas ou institucións que encarnan os valores de loita e defensa do ben común que representaba Dolores Ben".


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dolores Ben, Ana Romaní, Xornalismo, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI)...