A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte ...nas Ondas!, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial do RÃo Miño e a Cámara Municipal de Valença chegaron a un acordo para que esta última localidade do norte portugués acolla o Centro do Patrimonio Inmaterial galego-portugués. Tratarase dun espazo fÃsico que contará cunha exposición permanente enfocada en cinco áreas temáticas: tradicións orais, contos e lendas, cultura marÃtimo-fluvial, cultura agraria e ciclo festivo anual. A iniciativa estará cofinanciada polo programa Interreg-Sudoe 2014-2020.