A situación e evolución en Galicia das ensinanzas vencelladas ao eido cultural (que abrangue desde as artes gráficas, artesanÃas, animación sociocultural, artes escénicas...) son o obxecto de estudio do novo Documento de Traballo elaborado polo Observatorio da Cultura Galega (OCG), servizo do dependente do Consello da Cultura Galega (CCG) que hoxe ven de presentarse. O informe " Ensinanzas do ámbito cultural. Setembro de 2022" analiza a evolución deste tipo de ensinanzas na última década e conclúe que a súa presenza no sistema educativo público galego é importante, ademais destaca tamén o lugar prioritario que ocupa o ensino musical e chama a atención sobre a proporción maioritaria de mulleres no alumnado.
O documento constata como no marco do réxime xeral de ensino, a tendencia da última década do Bacharelato na modalidade de Artes e de Humanidades sinalada polo documento é dunha alza ininterrompida. A matriculación entre o ano 2010 e 2020 pasa das 1.322 matrÃculas ás 1.761. Son 30 os centros que imparten este bacharelato en Galicia e o 83,3% deles son públicos. Segundo este traballo do OCG, existen diferencias notables nas distintas familias de formación profesional que se imparten en 239 centros (dos que 173 son públicos e 66 privados). A de imaxe e son amosa unha demanda importante por parte do alumnado, “especialmente os ciclos formativos relacionados cos audiovisuais e os espectáculos, que experimentan un crecemento xeral sostido de alumnos no últimos anos. No último ano de referencia, o total do alumnado dos ciclos superiores de Imaxe e Son sumaba 1.267 persoas” asegura o estudo. No tocante ás artes gráficas, que tamén conta cunha demanda importante, o alumnado matriculado nos ciclos formativos de grao básico, grao medio e grao superior, amosa en conxunto unha estabilidade. “Pola súa banda, o ciclo superior de Animación Sociocultural tivo nos últimos cursos unha evolución irregular, oscilando entre 164 e 219 as persoas matriculadas” conclúe o documento de traballo.
No relativo ao réxime especial, que abrangue a todas as ensinanzas de artes plásticas e deseño, os estudos de música, danza, arte dramática e o mestrado en ensinanzas artÃsticas, hai unha preferencia moi evidente pola música, que conta con 7.914 alumnos e alumnas no ensino regrado. AÃnda que o estudo revela que existe escasa variación nas cifras, e que segue a ser un estudo público (o 85,3% do alumnado), si que se aprecia un incremento do alumnado nos centros privados. O informe tamén destaca que o ensino non regrado da música supón o maior número de estudantes, con 14.409 alumnos e alumnas matriculados no últimos curso que é un incremento de 20 puntos porcentuais nos últimos dez anos. O resto de ensino presenta unha evolución irregular. O alumnado dos ciclos formativos de grao medio experimentou nos últimos dez anos un descenso do 45,7%, nos ciclos superiores aumentou lixeiramente ao tempo que nos estudos superiores (artes plásticas, conservación e restauración e deseño) mantiveron certa estabilidade.
Pola súa banda, os centros de ensinanzas regradas da danza contan con 332 alumnos e alumnas, o 90,5% nos de titularidade pública. Igual que no caso da música, aumentou o alumnado inscrito en centros de titularidade privada. A única escola de arte dramática que hai en Galicia, de carácter público, conta con 167 estudantes, un número que se amosou estable dende 2010.
Ensino universitario
Das tres universidades, é da de Vigo a que conta cun maior alumnado matriculado en titulacións relacionadas coas profesións culturais segundo reflicte este Documento de Traballo. Concretamente 1665 de grao e 273 de mestrado. A carreira con máis estudantes matriculados é a de Belas Artes, con 508, cifra que se mantivo máis ou menos estable dende o curso 2015/2016. A seguinte é a de Tradución e Interpretación con 453 estudantes matriculados, pero que sufriu un descenso sensible nos últimos anos. Séguelle a da Coruña, con 1529 alumnos de grao e 287 de mestrado. Os estudos de Arquitectura (652) e de Comunicación Audiovisual (275) concentran a maior parte da demanda. Destaca nesta universidade o grao de Creación Dixital, Animación e Videoxogos que é a terceira titulación máis demandada no último curso do que se teñen cifras e amosa un crecemento moi importante dende que se oferta. En último lugar, con 1514 estudantes de grao e 191 de mestrado está a Universidade de Santiago de Compostela. A titulación mais popular é Historia da Arte, pero as que máis crecen proporcionalmente nos últimos seis cursos son o dobre grao e Comunicación Audiovisual e o grao en Lingua e Literatura Galegas.
Unha maiorÃa en feminino
As mulleres constitúen máis do 90% do alumnado de danza e son maiorÃas nas artes plásticas, asegura o informe que fixa que a proporción é de sete de cada dez alumnos nos estudos superiores de artes plásticas e deseño e oito de cada dez nos estudos de conservación e restauración. “Dúas de cada tres matrÃculas na escola de arte dramática correspóndense con mulleres e algo máis da metade na totalidade das ensinanzas da música. As mulleres tamén son maiorÃa entre o alumnado de practicamente todas as ensinanzas universitarias relacionadas coas profesións culturais” figura nas súas conclusións. O estudo dedica un apartado a analizar o profesorado, do que asegura que “o aumento experimentado na totalidade das ensinanzas do réxime especial nos últimos anos foi proporcionalmente superior no caso das mulleres”. E tamén hai diferenzas entre os sectores. Na danza son mulleres o 72,1% dos docentes, en arte dramática un 56,1% e en artes plásticas e deseño un 52,3%. En cambio, nas ensinanzas da música e nas áreas de coñecemento relacionadas coas ensinanzas culturais das universidades galegas, algo máis da metade do profesorado está composto por homes.