Música, danza, artes escénicas, artes plásticas e deseño. Grande parte dos ámbitos e dos os niveis das consideradas ensinanzas de ámbito cultural viron incrementada a súa demanda entre 2007 e 2013 no noso paÃs. Asà o aseguran os datos do Ministerio de Educación e Cultura a partir dos cales o Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega elaborou o documento O ensino cultural en Galicia.
A música segue a aparecer como un ámbito predilecto á hora de ser formar en cuestións culturais entre os galegos e as galegas, aÃnda que o interese mantense con poucas variacións. No último curso estudado, (2012-2013) este ámbito tivo un total 8.158 alumnos nos estudos regrados, o que supón un total de 41 alumnos máis a respecto do perÃodo 2008-2009. Fronte a isto detéctase un incremento considerable do interese pola danza, que pasou de 264 alumnos a 343 no mesmo perÃodo, aÃnda que continúa a ser, como se pode comprobar, un ámbito relativamente minoritario. Tamén no campo do Bacharelato se deixa sentir o maior interese dos galegos polo ámbito cultural. A modalidade artÃstica nestes cursos subiu de 1.010 a 1.399 alumnos entre os cursos 2008-2009 e 2012-2013, o que continúa a ser, no entanto, unha minorÃa do 4,1% dos matriculados neste ciclo.
Non todo medra
Fronte a estes incrementos, destaca o descenso que se está a verificar ao longo dos cinco últimos cursos no grao medio dos estudos dedicados a Artes Plásticas e Deseño, unha tendencia que contradà o incremento do grao superior, que chegou ás 663 matrÃculas no perÃodo estudado a continuar a súa corrente ascendente. Dentro desta póla do coñecemento, son o Deseño propiamente dito e mais a Restauración de Bens Culturais os ámbitos de maior aceptación. No caso das artes escénicas resulta máis complicado atopar unha tendencia clara, xa que no ano 2011-2012 deuse por vez primeira un descenso logo de varios anos a incrementar o número de alumnos. Segundo estas cifras, 163 alumnos preparábanse naquel momento para traballar neste sector. No conxunto do Estado, no entanto, a tendencia ao incremento de alumnos mantense firme nos últimos anos.
Tamén se verifica a mingua de alumnos no ámbito universitario do ensino cultural. Os matriculados pasaron de 5.319 a 5.087 entre 2010-2011 e 2013-2014, un curso no que se titularon en total 1.128 persoas nalgunha das disciplinas contempladas.
Xéneros
É a danza o ámbito que presenta un maior sesgo de xénero, xa que ata o 90% do alumnado son mulleres. No entanto, detéctase unha preeminencia feminina na práctica totalide de ámbitos analizados agás nos casos ciclos de grado medio de Artes Plásticas e Deseño, onde só supoñen o 36%. É de contrastar esa maiorÃa de mulleres no alumnado fronte a súa presenza só dun 42% entre o profesorado que imparte as materias.
No entanto, e malia a que tamén se incrementou o número de profesores, é de salientar que o financiamento público para estipo de ensinanzas mantén un descenso xeral desde 2009, nunha liña semellante a que seguen os orzamentos xerais para o ensino.