O espectáculo 'Ás para Álex', da compañía Baobab teatro poderá verse en xira este outono por varias localidades da provincia de Salamanca, como parte da programación do Festival Familiar Provincia a Escena promovido desde a Diputación Provincial de Salamanca. A inclusión da montaxe galega responde ao feito de vir de ser premiada na Feira de Teatro de Castela e León co galardón "Provincia a Escena 2022" tras o seu paso por este certame o pasado mes de agosto. Este premio de nova creación no certame foi decidido por un xurado conformado polos programadores culturais da comunidade autónoma castelán-leonesa e ten como obxectivos recoñecer o mellor espectáculo para público infantil e familiar e incorporalo ao festival do mesmo nome organizado polo ente provincial salmantino en colaboración coa Asociación Cívitas, que levará ata 49 representacións a cargo de 17 compañías profesionais a 13 localidades desa provincia entre o 1 de outubro e o 26 de novembro.
"Ás para Álex" ( "Alas para Álex" na súa versión en castelán) é unha montaxe de teatro e monicreques de corte contemporáneo con guión de Andrea Bayer, dirixida pola propia Andrea Bayer e Óscar Ferreira, conta con Xose Manuel Esperante e Cora Velasco sobre as táboas e escenografía de Óscar Ferreira; na parte técnica Daniel Abalo coa iluminación e o son. A peza, pensada para público de máis de cinco anos, aborda de xeito maduro e responsable un tema como o da enfermidade do cancro, revelando como as propostas escénicas para público infantil e familiar poden versar sobre temas comprometidos.