A Catedral de Santiago amosa na rede os seus últimos achados arqueolóxicos

Unha exposición virtual dá conta das descubertas realizadas no templo entre 2017 e 2021

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:
A Catedral de Santiago amosa na rede os seus últimos achados arqueolóxicos

A exposición virtual Nuevos hallazgos en la catedral dá conta das descubertas arqueolóxicas máis recentes que se realizaron na Catedral de Santiago. A Fundación dedicada ao templo acaba de publicar no site Google Arts & Culture estes contidos a recoller os principais restos que apareceron durante as obras de restauración realizadas entre 2017 e 2021.

Entre outras pezas, a mostra achega fotografías e explicacións sobre plafóns e esculturas pertencentes ao coro pétreo do Mestre Mateo que se estaban a empregar como material de recheo, fragmentos de lauda sepulcral ou relevos que representan a Matanza dos Inocentes ordenada polo Rei Herodes, así como planos e vídeos dos achados. As pezas descubríronse durante as obras realizadas na escalinata principal e na cripta do Pórtico da Gloria.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Google, Pórtico da Gloria