O festival de músicos de Galicia O Son dos Arrieiros sae ás rúas da Estrada

O evento comeza hoxe e ofrecerá concertos de 21 artistas durante toda a fin de semana

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
O festival de músicos de Galicia O Son dos Arrieiros sae ás rúas da Estrada

Comeza a conta atrás para que O Son dos Arrieiros inunde de música en directo as rúas do Concello da Estrada esta fin de semana. A segunda edición deste festival de carácter gratuíto, organizado pola produtora musical dotbeat! e enmarcado dentro dos Concertos do Xacobeo, conta coa colaboración do Concello da Estrada e Gadis. O Son dos Arrieiros supón unha rotunda aposta polos novos grupos galegos, que integran a oferta do cartel, chegando a ser ata 21 artistas da escena musical galega os que se presentan durante estes tres días. O cartel abrirase esta mesma noite do venres ás 21:00 horas con A Banda da Loba, que presentará o seu novo disco, 'Xabón Lagarta' no Teatro Principal, despois, sobre as 22.00 horas a actividade trasladarase á Praza da Feira, onde serán os concertos de Sleepy Spice (22.00 horas), Berto (23.00 horas) e C. Mirazo (00.00).

O festival desenvolverase así en catro escenarios diferentes, todos eles situados no casco urbano estradense como novidade este ano tras facerse anteriormente no recinto da Fundación de Exposicións e Congresos desta localidade. A maioría das actuacións serán ao aire libre, a Praza da Feira será o centro neurálxico da cita. No seu entorno instalaranse dous escenarios: un na nova Praza da Feira e outro na carballeira da zona inferior, no Campo da Feira. A maiores, haberá un par de concertos de interior no Teatro Principal e unha intervención artística no Novo Mercado. O festival baixará o pano o domingo 18 cunha sesión vermú na Praza da Feira. Estará protagonizada por Grande Amore (12.30 horas), artista que xa estivo en A Estrada na primeira edición de O Son dos Arrieiros e Kris K Dj (13.30 horas), picadiscos de Caldas do equipo habitual da Duendeneta que se centrará nunha sesión de música de grupos galegos.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello da Estrada, Feira, Teatro, Berto...