A axenda de actividade musical en liña segue a manter boa saúde dúas semanas despois da cancelación de toda actividade cultural en espazos públicos. Esta fin de semana a parroquia está convocada a varias destas citas en directo a través de perfÃs de redes sociais coma Facebook e Instagram e en Galicia seguimos a ter algunhas nas que os artistas propios amosan o seu talento. Na Coruña o festival Musikel reúne nun mesmo evento virtual a artistas locais da cidade. Dará comezo este veres 27 e durante sábado e domingo ten previstas actuacións desde as 13:00 horas ata as 21:00 horas cada un dos dÃas. Ata 23 artistas da cidade herculina entrarán desde as súas casas nesta "guerra ao silencio", que reunirá nomes como os de Allova, El Flop, LucÃa Souto, Dani Cisneros, Mangosta, Planeta Fugaz e outros moitos. Ademais a axenda refórzase co Fica na Casa Fest, organizado pola Asociación Cultural Musical Galicia Molona, vai ir esta fin de semana a pola súa segunda edición ofrecendo música independente galega en streaming, que despois ademais porán en Internet como vÃdeos. A primeira entrega ofreceu dez actuacións de pop, música electrónica, rock e djÂ’s o pasado fin de semana e este sábado volven a poñerse en marcha cunha nova edición cuxo cartel aÃnda está por coñecerse neste intre.
En Culturagalega.gal seguiremos a dar conta das diferentes iniciativas nesta liña que vaian aparecendo na rede, unificadas baixo o cancelo #culturanacasa.
En Culturagalega.gal seguiremos a dar conta das diferentes iniciativas nesta liña que vaian aparecendo na rede, unificadas baixo o cancelo #culturanacasa.