Un web compila os castelos máis conservados da provincia da Coruña

O proxecto ofrece planos históricos e roteiros para visitas

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Ilustración do castelo de Vimianzo a cargo de Rubén Rial.

Ilustración do castelo de Vimianzo a cargo de Rubén Rial.

Hoxe pola mañá arrincou un novo web que ten por obxecto dar a coñecer o "patrimonio fortificado" da provincia da Coruña, aínda que o seu título é FOREGA: Fortalezas do Reino de Galicia. O web presenta información, mapas e galerías de imaxes de 16 castelos medievais e 15 fortalezas modernas, que funcionan a xeito de escolma accesible e visitable do abundante patrimonio fortificado da provincia. O web ofrece tamén catro roteiros organizados de xeito territorial para coñecer este patrimonio. O proxecto foi unha das iniciativas premiadas polo "Fondo de Proxectos Culturais do Reino de Galicia 2021-2022" da Deputación da Coruña.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Un reino en mapas

Un reino en mapas

Mazarelos ofrece un conxunto de cartografías políticas e económicas da Galicia medieval

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Reino de Galicia, Deputación da Coruña

Claves

Conceptos