O coñecemento da arquitectura militar do noso pasado dará nos vindeiros anos un paso fundamental. Un convenio entre a Consellaría de Cultura mais a Universidade da Coruña permitirálle a esta institución elaborar os planos de máis de 350 fortalezas en todo o país. O proxecto, dotado con 72.000 euros, achegará ao longo dos vindeiros dous anos unha ferramenta fundamental para a investigación e os proxectos de recuperación do patrimonio. A iniciativa afectará a castelos, fortalezas, baterías de costa, casas-torre ou casas-forte e incluirá documentación fotográfica.
A Universidade de Coruña fará os planos de máis de 350 fortalezas
Os planos da muralla
22 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Torre, Universidade da Coruña

