Un reino en mapas

Mazarelos ofrece un conxunto de cartografías políticas e económicas da Galicia medieval

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O encastelamento na Galicia medieval. Fonte: Mazarelos

O encastelamento na Galicia medieval. Fonte: Mazarelos

Dicía Otero Pedrayo que comezou a tomar conciencia de Galicia a partir da visión do mapa de Galicia elaborado por Domingo Fontán. Seguindo esa idea de que un territorio se fai tanxible a partir dos mapas, a cooperativa Mazarelos, responsable tamén da revista homónima de divulgación histórica, presentou un web no que se poden descargar de xeito gratuíto diferentes mapas que amosan diferentes realidades do reino medieval de Galicia. Desde a máis antiga división do reino a partir do Concilio de Lugo ata a dispersión dos castelos, o monacato ou as sete provincias. Os mapas tamén explican procesos históricos máis dilatados, como a mobilidade das mulleres da aristocracia galega, a produción e comercio do viño, o reino no comercio marítico europeo. O proxecto foi feito ao abeiro do Fondo de proxectos do reino de Galicia da Deputación da Coruña.

Que che parece esta nova?
102 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Reino de Galicia, Mulleres, Deputación da Coruña, Lugo...

Claves

Protagonistas
Lugares