A VI edición de WOS Festival x SON Estrela Galicia ultima preparativos antes da súa celebración esta semana entre o 8 e o 11 de setembro en Compostela. O evento presentouse esta mañá en rolda de prensa no Concello de Santiago. O programa está formado por numerosos concertos, con estreas a nivel nacional e internacional, dj sets, cinema e un programa de conferencias en torno ao pensamento e debate. A nova entrega de WOS Festival supón a volta á normalidade do evento tras das restricións pandémicas, ao igual que os que se veñen desenvolvendo desde principios do verán deste ano. A edición deste 2022 desenvolverase en doce localizacións de valor patrimonial da capital galega: o museo CGAC, o Teatro Principal, as Igrexas de Bonaval e da Universidade, as salas Capitol e Malatesta, a Fundación Eugenio Granell, a Sede Afundación, o Auditorio Abanca, o cinema Numax, a Fundación SGAE e o Parque de Bonaval.
Segundo Iván Arias, director do festival pola produtora compostelá WORK ON SUNDAY, o programa continúa coa aposta por presentar propostas contemporáneas en torno ao "risco, a innovación e a exploración" co obxectivo de ofrecer unha alternativa cultural e artÃstica de calidade en Santiago. "Temos artistas moi difÃcil de ver nesta situación periférica. Hai numerosas estreas en España e algún internacional. Trátanse todos de artistas moi especiais e únicos". WOS Festival x SON Estrela Galicia dará comezo este xoves co concerto inaugural desta edición: o concerto audiovisual de Holy Other que se celebrará no Teatro Principal o xoves. O seu espectáculo inclúe imaxes do artista visual portugués Pedro Maia. A programación estenderase desde entón durante toda a fin de semana. Tanto o programa de conferencias en torno ao pensamento e debate como os concertos e dj sets programados no Parque de Bonaval de maneira gratuÃta. Entre a programación inclúese a estrea mundial de 'ATAARPHONOAK', o espectáculo audiovisual do estadounidense Rafael Anton Irisarri e Florence To, numerosas estreas en España, como a presentación do novo traballo da italiana Caterina Barbieri ou o debut no noso paÃs do británico Blackhaine entre moitos outros. Outra das grandes novidades é a volta da programación de clubbing con referentes a nivel europeo como as neerlandesas upsammy e mad miran.