Un congreso analizará a figura de Eugenio Granell en Compostela coa presenza de analistas internacionais

Ás voltas con Granell

10/3/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Hai xa uns anos Compostela acolleu o primeiro congreso sobre o artista surrealista Eugenio Granell. Agora, a fundación que leva o seu nome prepara unha segunda edición deste evento, que comezará o día 25 de abril e se prolongará ata o 27. Especialistas internacionais sobre esta figura como César Antonio Molina ou Josefina Alix canda a unha ampla representación da Universidade de Santigo acudirán a un evento que quere analizar, entre outros aspectos, a implicación política do artista. O evento, que conta co apoio da Consellaría e mais do Ministerio de Cultura, presentouse onte na sede da Fundación. No mesmo acto, anunciouse a vindeira cesión dos fondos bibliográficos desta entidade ao Concello de Santiago.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con César Antonio Molina, Concello de Santiago, Ministerio de Cultura, La Voz de Galicia...