I+P, INCUBA, a nova incubadora de proxectos de cine e televisión do Clúster Audiovisual Galego, deu comezo ao seu programa de incubación, na Coruña. Nesta primeira edición, seleccionáronse entre máis dun cento de proxectos presentados, seis propostas: "Sonámbulo", de Vaca Films Studio; "As defensas", de Cósmica Producións; "Juliette y Camille", de Anxos Fazáns e Silvia Fuentes; "Nexo", de Voz Audiovisual”; "Una de bravas", de Anna M. Bofarull, e "Cebra con lunares (Polka dot Zebra)", de Xosé Zapata. I+P, INCUBA ten como obxectivo a incubación e mellora significativa destes seis proxectos audiovisuais na fase de desenvolvemento a través de titorÃas, webinarios e consultarÃa. O programa consistirá no desenvolvemento de sesións presenciais na Coruña e sesións online entre os meses de setembro, outubro e novembro. Ao finalizar a incubación os proxectos participantes presentaranse en decembro no pitching "I+P, Ideas para Producir" e beneficiaranse dunha subscrición na plataforma Filmarket Hub.
Cada un dos proxectos contará con asesoramento en tres ámbitos: guión, produción e distribución. Un equipo de titores, conformado por profesionais de ampla traxectoria profesional no sector audiovisual como os directores, guionistas e produtores Fran Araujo (Hierro, La Peste), Carlos Bleycher (Alice´s Diary, La Granja de Turu, Pocoyó), Alberto Marini (serie Apagón de MovistarPlus+, El desconocido, Mientras duermes, Pulseras Rojas), David Muñoz (Los favoritos de Midas, Alatriste, El espiazo del diablo), Pepe Coira (Rapa, Hierro, Cuñados) ou Alberto GuntÃn (Método criminal, Serramoura, Matalobos), axudarán aos participantes e orientarán os seus proxectos. Ademais, os proxectos seleccionados contarán coa asesorÃa de Marta Hernández Calzada (Tándem Films) e Óscar Olarte (MR. Factory), entre outros. Durante os próximos tres meses os incubados tamén poderán asistir a sesións grupais con diferentes profesionais da industria como Sarah Calderón (The Film Agency), Patricia Montilla (Andersen), Francisco Asensi (Spain Audiovisual Hub), Roger Casas (El Cañonazo), Alejandro Rojas (Parrot Analytics), Laura Miñarro (International Business and Coproduction), Pedro MartÃn (creA SGR), Jorge Caballero (GusanoFilms e Estocástica), David RodrÃguez (Comscore) ou Yolanda Costas (Creast).