O Clúster do Audiovisual convoca o seu oitavo pitching para producir ideas

A novidade desta edición é a celebración dun curso de preparación previo a esta xornada

1/4/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Un pitching é unha xornada de presentación de proxectos. O clúster audiovisual de Galicia leva oito anos facendo este tipo de encontros nos que se buscan socios financeiros para materializar (en forma de películas, series...) proxectos audiovisuais. Este ano, esta xornada terá lugar o vindeiro 12 de xuño en Santiago de Compostela, co apoio dunha serie de entidades como o concello, a Xunta (a través de Agadic e o IGAPE) e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. E conscientes da importancia de preparar ben este encontro, os días 21 e 22 de maio organizan un "obradoiro de preparación ao pitch" no que os proxectos seleccionados gozarán dun curso de formación para ensinar ferrametnas para que sexa certera a presenza no pitching.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igape, Obradoiro, Santiago de Compostela, Axencia Galega das Industrias Culturais