Quince proxectos participan no IV Pitching que organizan o Clúster e a Fundación Caixa Galicia

Vender as ideas

Un pitching é unha xornada na que os produtores e creadores acoden para ensinárllelos os seus proxectos aos posibles compradores. E isto é o que acordaron facer o Clúster Audiovisual de Galicia e Caixa Galicia o vindeiro 8 de maio. Unha actividade á que a entidade financeira achegará 42.000 euros, e que tamén inclúe o patrocinio para o I Foro da Industria Española de Animación que se celebra na Coruña os días 2 e 3 de xullo.

Os quince proxectos seleccionados nesta IV edición son:
-“Alfonso Graña, o rei do Amazonas”, (longametraxe documental) de La Région S.A.
-“23 F 2.0.”, (ucronía histórica ficción), de Voz Audiovisual.
-“Castelos de area”, (drama realista ficción), de Xamalú Filmes.
-“Egoístas”, (longametraxe ficción drama), de Peter Domankiewicz.
-“For John´s sake!”, (documental non ficción), de TV Siete
-“A chica de onte”, (comedia romántica ficción), de Manuel Sanabria e Carlos Villaverde.
- “Lila”, (serie animación infantil ficción), de Cromosoma
-“Little Galicia”, (longametraxe ficción comedia), de Alber Ponte.
-“Os extras”, (sketches humor ficción), de Perro Verde Films.
-“Mar libre”, (longametraxe ficción), de Ficción Producciones
-“Máis que amigos”, (comedia ficción) de Cote Soler.
-“Non me deixes en paz”, (longametraxe suspense), de Adivina Producciones.
“O747”, (serie de ficción para móbiles), de Interacción
-“Rascayú”, (animación ficción), de Juan Nouche e Angel de la Cruz.
“Todo por un soño”, (formato), de Continental Producciones.