As produtoras galegas presentan os seus proxectos no I Foro da animación

Fai parte do programa de Mundos Dixitais

27/6/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A próxima semana celébrase na Coruña o I Foro da Industria de Animación. O encontro englóbase no programa Mundos Dixitais que ten lugar do 1 ao 5 de xullo. O foro, organizado polo Clúster Audiovisual Galego, conta con dúas partes: unha sesión de exposición na que as produtoras achegarán os seus proxectos de animación. Dygra levará O espírito do bosque, Continental dará a coñecer Meigallos e Perro Verde Films Os Extras. A outra parte consiste nuha mesa redonda na que diferentes especialistas aplicarán as perspectivas legais e de mercado da industria de animación.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Clúster Audiovisual Galego, Dygra, A Coruña

Claves

Conceptos
Lugares