Fernández-Coca realizará os carteis que ilustren as actividades de Mundos Dixitais

O encontro terá lugar na segunda semana de xullo

16/3/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Hai unhas semanas coñecíamos as datas da VIII edición de Mundos Dixitais, así como o nome de Alex Román, un dos participantes neste importante foro relacionado coa animación, arquitectura e videoxogos dixitais. Agora, os organizadores do encontro acaban de anunciar que será o profesor e deseñador Antonio Fernández-Coca o encargado de realizar os carteis cos que se ilustre o programa de Mundos Dixitais. En total, fará vinte carteis informativos dos espazos e actividades desta edición.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Arquitectura

Claves