A segunda semana de xullo acollerá unha nova edición de Mundos Dixitais

A Fundación Caixa Galicia volve colaborar con este certame no que estará Álex Román

2/3/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

É a gran cita do dixitalismo. Un festival que inclúe desde animación, arquitectura, videoxogos ou calquera ámbito que precise de computadores para o seu desenvolvemento. O festival Mundos Dixitais desenvolverase na Coruña entre o 8 e o 11 de xullo. Un certame que tamén incluirá o Festival Internacional de Curtametraxes de Animación na Fundación Caixa Galicia e do que xa se abriu o prazo de ntrega. Á falta de coñecer o programa das xornadas técnicas, xa ten confirmada a súa presenza o artista Álex Román, cunha conferencia sobre a arquitectura e a fotografía.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Caixa Galicia, Caixa Galicia, Animación, Arquitectura...