Máis de 170 traballos concorren á sección competitiva do Festival Internacional de Curtametraxes da V edición de Mundos Dixitais

Un mundo en dixital

8/6/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Chega a V edición de Mundos Dixitais, o evento que patrocina a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, a Universidade da Coruña e a Fundación Caixa Galicia e que trae a Galicia as últimas novidades no campo da animación. Do 1 ao 8 de xullo na Coruña haberá conferencias e obradoiros, un recinto destinado a xogos e un Festival Internacional de Animación que xa recibiu 170 traballos de 24 países. Dentro do apartado de conferencias resérvase un día para a puxante produción galega neste campo e está por confirmar a presenza de Tim Burton, autor de "A noiva cadáver" (exposición que sí estará na Coruña), "Batman" ou "Eduardo Manostijeras".

Máis información no web de Mundos Dixitais

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Animación, Comunicación Audiovisual, Fundación Caixa Galicia...