Celébranse na Coruña as segundas xornadas de formación en animación audiovisual

O mundo dixital

7/7/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Obradoiros pola mañá e conferencias polas tardes. Así se estructura a segunda edición de “Mundos dixitais” que organiza a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o Consorcio Audiovisual de Galicia en colaboración con Videalab e a Universidade da Coruña. O encontro durará ata o venres 11 e pretende formar en animación audiovisual a estudiantes e profesionais que xa traballen no sector. Nesta edición participan profesionais das empresas máis destacadas no mundo da animación 3d, dos videoxogos e dos efectos especiais como Dreamworks, Walt Disney, ou Pixar Animation Studios.

Máis información no web de Mundos dixitais

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, A Coruña, Turismo, Consorcio Audiovisual de Galicia...