Unha vintena de proxectos audiovisuais buscan compradores

O VII Pitching promovido polo Clúster terá lugar na Coruña o 23 de novembro

16/11/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Dez minutos e un proxecto audiovisual para producir. Este é o reto que 15 produtoras e 6 persoas indivisuais teñen o vindeiro 23 de novembro no edificio Ágora da Coruña. ¿O seu público? Unha trintena de responsables de canles de televisións nacionais, tanto públicas como privadas, canles autonómicas, axentes de distribuidoras e produtores executivos, que poden converter en realidade esta proposta. Esta xornada de presentación de proxectos é a sétima que organiza o Clúster Audiovisual Galego.

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e o Concello de A Coruña, así como as empresas Music Library, Martín Codax, LAG (Localizaciones Audiovisuales de Galicia) e o Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA) fan parte deste tipo de propostas que son un foro fundamental para poder converter en realidade proxectos audiovisuais. Nesta ocasión, alén das presentacións dos proxectos haberá unha mesa redonda (titulada Beneficios das rodaxes cinematográficas nas cidades) e o tour “A Coruña Cinematográfica”, para destacar os beneficios das rodaxes nas cidades e as posibles estratexias de promoción e explotación existentes, como pode ser o turismo cinematográfico, que inclúe o visionado de “Invasor”, longametraxe dirixida por Daniel Calparsoro, e producido por Vaca Films e Morena Films.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Ágora, Clúster Audiovisual Galego, Martín Codax...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares