A Deputación Provincial da Coruña e Clúster do Audiovisual Galego veñen de asinar un convenio de colaboración para renovar o cofinanciamento do proxecto I+P Incuba. Trátase dun programa de incubación e plataforma de pitching onde participan profesionais e empresas que superen previamente un proceso de selección, e que ten como obxectivo a incubación e mellora significativa de seis proxectos audiovisuais na fase de desenvolvemento a través de titorÃas, webinarios e consultorÃa.
O I+P sirve de punto de encontro entre os profesionais do sector audiovisual cuxos proxectos foron seleccionados e os representantes de canles televisión e plataformas, produtores executivos e distribuidores coa fin de establecer alianzas para a coprodución, venda ou distribución de contidos para cine e televisión. Desta maneira os pitchs e as reunións de negocio que alberga este foro de referencia a nivel nacional facilitan as alianzas creativas e empresariais. A edición 2023 do I+P contou coa subvención da Deputación da Coruña e o patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e coa colaboración do Concello da Coruña. O novo convenio asegura un investimento de 30.000 euros por parte do ente provincial.